Os alumnos do centro rematan o "Obradoiro de Xornalismo" cun programa de radio

Un grupo de alumnos de primeiro e cuarto curso de ESO e de primeiro de bacharelato do IES Sánchez Cantón, gravaron un programa en RadioVoz Pontevedra, que se emitiu o pasado luns no magacín Voces de Pontevedra. Os rapaces teñen aula de radio como actividade extraescolar, unha iniciativa promovida pola A.N.P.A. do centro que se implicou e xestionou a gravación do programa. A vicedirectora do IES, Marián Costa Giráldez, apoiou a iniciativa que coordinou o profesor de Inglés Francisco Trillo Pérez. Ao longo dos últimos meses os rapaces elaboraron unha serie de temas, que foron estudiando ata perfilar os contidos do programa de radio. Quedoulles completo e variado, así María Campos e Javier López, entrevistaron en directo ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, abordaron temas como o Puro Lérez, ou para cando o «puro Gafos»? ademais a remodelación da zona de Santa María ou o botellón. Amalia Vida entrevistou a dous escolares que gravaron un disco de música, "As cancións dos meus nenos". Chelo Revilla aportou un traballo de investigación sobre a situación dos emigrantes en Pontevedra e o seu entorno, e a partires del sacou unhas interesantes reflexións sobre os problemas da integración. Rosario Rodríguez e Carla Varela, elaboraron un pequeno informe sobre acoso escolar e elixiron como fondo musical o tema de Negra sombra. E Daniel Sánchez, entrevistou a un universitario que quedou finalista nun concurso de curtametraxes en Portugal. A súa reportaxe inclúe un diálogo sobre o traballo premiado e música do corto.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home