ANPA "O Verxel" - Instituto Sánchez Cantón

martes, marzo 16, 2010

Resumen do tratado na reunión co director o día 9-11-09:

Plan de Autoprotección:
Atópanse traballando nel, este mes vanse poñer en contacto co concelleiro de seguridade do Concello de Pontevedra e a continuación darán o seguinte paso que e a formación do claustro e demais persoal do I.E.S. co fin de facer o simulacro.Vestimenta dos alumnos:A intención da Dirección é mandar unha nota aclaratoria e están estudiando a posibilidade de modificar o Regulamento de Réxime interno, co fin de que sexa más explícito.
Aclaran que non é un problema vir o I.E.S. cun pantalón pirata, que o problema e vir en bañador, chancletas, pantalóns deportivos,...

Acceso os baños no recreo:
Os baños do soto pecháronse puntualmente debido a que os alumnos/as fumaban nel, continuando abertos os do hall, no momento da reunión xa se están abrindo todos.

Criterio de reparto dos alumnos:
Explican o criterio que teñen no I.E.S. e parécenos lóxico, dito criterio varia segundo o curso: 1º E.S.O. : Idioma, agrupamento lingua – matemáticas e indicacións dos orientadores/as dos centros de procedencia.
2º E.S.O. : Intentan manter os agrupamentos de 1º pero teñen en conta as materias optativas.
3º E.S.O. : Segundo as materias optativas e o Programa de diversificación curricular.
4º E.S.O. : Segundo itinerarios, sección bilingüe e optativas.

Prazo de matrícula:
Realizouse correctamente, se ben como mellora na nota do curso 2010-11 indicarán que o prazo e igual o que apareza no D.G.A., pero indicando que por motivos de organización, e nos estamos de acordo con eles, os alumnos/as de 1º deben facelo 2 días, os de 2º outros dous días,...

Titoría de 3º C :
O problema xa está arranxado o día da reunión, xa que a baixa da titora e de longa duración e está facendo as labores de titor o profesor que está no seu lugar.