ANPA "O Verxel" - Instituto Sánchez Cantón

martes, octubre 23, 2007

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DA ANPA "O VERXEL"

Proposta de Actividades 2007-2008

1. Obradoiros:
* Obradoiro de alimentación – En colaboración coa biblioteca e os titores de 1º de eso. Sería unha aportación para a nova materia de primeiro.

* Obradoiro de periodismo - Un grupo de periodistas impartirán unha charla sobre a súa especialidade e experiencia laboral. Como remate desta actividade, o grupo de rapaces participaría na elaboración dun programa de radio.

* Obradoiro de creación literaria- Un grupo de escritores compartirán cos alumnos a súas experiencias e a realización practica en seus diversos ámbitos (novela, poesía...). Este obradoiro podería rematar con un recital ou exposición dos traballos.

* Obradoiro de enerxías alternativas- Demostración do funcionamento de sistemas solares e outras enerxías alternativas.

2. Ciclo de conferencias:
“Orienta o teu futuro”- Charlas concibidas co fin de conseguir a orientación dos estudos dos alumnos/as a unha profesión.

Escola de pais - Obradoiro familiar dentro do programa “Prevención de drogo-dependencias” do Concello de Pontevedra.

3. Visitas:
Hai diversas empresas e instutucións que se poden visitar (Alfageme, BRILAT, Centros de Investigación...). A decisión final depende da programación da Dirección do Instituto.

4. Outras actividades:
Informática - Acordouse coa Academia Web multimedia a oferta de cursos con tarefas reducidas si se apuntan suficientes alumnos da ANPA para formar un grupo. Inglés e informática.

Ademais colaborarase coas actividades que organice a Dirección, tales como excursións, torneos, xogos de recreo, etc.